Skip to content

COMPROMISO SOCIAL

Estamos coa sociedade canguesa

CO DEPORTE

Colaboramos anualmente co Clube de Remo de Cangas na celebración do seu campionato co suministro de bolsas de auga gratuitas.

CO EMPREGO

Ademais de contar con 13 persoas en plantilla, a actividade da UTE en Cangas xera emprego indirecto que beneficia a outras máis de 20 persoas do municipio. Limpeza, traballos de obra civil, desatascos ou distribuidores locais de ferramentas son algúns destes servizos.

APRENDIZAXE DO CICLO AUGA

Alumnado de colexios de educación primaria e secundaria da contorna coñece dúas veces ao ano o ciclo integral das augas de Cangas da man da nosa plantilla, na depuradora de Areamilla.

EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

As persoas que traballan na UTE Gestión Cangas participan en actividades medioambientais a nivel escolar, ofrecendo charlas sobre os graos de contaminación da auga nos ríos e o xeito de evitala. Tamén realizan diferentes demostracións nas que estudantes poden experimentar a analítica da auga dun río e vivir o proceso que se segue no laboratorio.