Skip to content

UTE GESTIÓN CANGAS

A UTE Gestión Cangas, formada por Aqualia e Civis Global, nace en 2014 para xestionar o ciclo integral da auga na localidade de Cangas do Morrazo. A entidade é concesionaria dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración das augas de Cangas ata 2039.

Cercanía, eficiencia e mellora continua

A UTE Gestión Cangas está integrada na sociedade canguesa dende hai 5 anos, con 13 profesionais que dan servizo a máis de 13.000 persoas. Contamos cun servizo de atención  24 horas ao día para atender as urxencias e demandas.

SERVIZOS

O 95% da auga de Cangas chega dende Vigo xa potabilizada, polo que só se desinfecta para acadar a súa calidade óptima. O 5%, que procede de manantiais propios de Cangas, segue o mesmo proceso de desinfección.

Servizo integral de distribución da auga: aluguer de contador, 4 lecturas de contador ao ano, distribución de recibos aos fogares, servizo de atención as 24 horas do día e servizo de atención de avarías gratuito. Mantemento da rede e das condicións da auga segundo o Real Decreto 140/2003.

Xestión e mantemento da saída de augas negras e grises das vivendas a través de 35 bombeos distribuidos pola localidade para facer chegar as augas residuais á depuradora.

Tratamento das augas residuais para a súa saída ao mar. O caudal total depurado do ano 2018 foi de 3.600.000 m3, é decir, 9.860 m3/día.

Mantemento do servizo de recollida de augas brancas ou pluviais que saen das vivendas ata un cauce natural, coma os ríos Saíñas e Bouzós en Coiro, o río da Rúa Real, o regato do Pontillón en Darbo ou o río Oxas en Aldán.

Realizamos entre 30 e 35 análises de grifo ao ano en vivendas e instalacións públicas para controlar e garantir a calidade da auga destinada ao consumo.

Dúas veces ao ano, realizamos analíticas de ata 90 fontes públicas en Cangas. No caso de fontes con sistemas de cloración, que representan o 20% das fontes da cidade, encargámonos do seu mantemento para garantir que a auga sexa apta para o consumo.

ONDE SE ALMACENA A AUGA DE CANGAS?

É o depósito principal en Cangas. Conta con 10.000 m3 de capacidade e abastece aos depósitos de Nerga e Alto de Piñeiro. Recibe auga xa potabilizada dende a estación de tratamento de auga potable(ETAP) do Casal, en Vigo, que se desinfecta á súa chegada a Cangas.

500 m3 de capacidade. Recibe auga do depósito de Coiro para suministrar á poboación da baixada á praia de Nerga, zona de Lapiña e zonas altas de Igrexario e Chamiceira.

500 m3 de capacidade. Recibe auga do depósito de Coiro para suministrar aos lugares de Serra Nacente, Souto, San Pedro, Cimadevila e Piñeiro de Darbo.

1.000 m3 de capacidade.  Almacena a auga do manantial de Anguieiro e do manantial de Madalena. A auga é desinfectada no mesmo depósito para abastecer aos lugares de Ourelo, A Madalena, Monte Carrasco, Avenida da Coruña, Palomar e Paraíso.