MEDIO AMBIENTE
Comprometémonos coa preservación do medio ambiente e unha xestión responsable.
Auditamos
A xestión das augas de Cangas segue o sistema de calidade das acreditacións ISO de FCC Aqualia e sométese a auditorías externas periódicas e autodiagnósticos ambientais de residuos.
Concienciamos
Para un risco ambiental mínimo, realizamos xornadas de sensibilización para o persoal. Contamos cun sistema de xestión medioambiental para identificar espazos protexidos na nosa área de influencia e ocupámonos do seu mantemento.
Previmos
Identificamos posibles riscos e ameazas mediomabientais con revisións anuais das nosas instalacións. Avaliamos o seu impacto, probabilidade, severidade e contamos con plans de tratamento para evitar que se materialicen. En 2018 o 96,3% das ameazas identificadas foron de baixo risco. Realizamos controis semestrais de xestión de residuos, evitamos riscos para terceiros mediante revisións, limpezas e un mantemento periódico, e realizamos estudos anuais de ruido ambiental.