NP – UTE Gestión Cangas acelera as obras de saneamento de Donón ata Viñó

NP – UTE Gestión Cangas acelera as obras de saneamento de Donón ata Viñó

Os operarios están a conectar a fosa de Donón ata a rede municipal de saneamento en Viñó a través dunha tubería de impulsión de 800 metros. A compañía tamén está efectuando nestes días a renovación dos equipos de filtración e desinfección que neutralizan os organismos patóxenos das augas na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Areamilla, que estará completada nos primeiros meses de 2021.