UTE Gestión Cangas impulsa 32 medidas para mellorar o ciclo da auga en Cangas
O plan de investimentos está presupostado en 3,4 millóns de euros.
UTE Gestión Cangas xestiona o abastecemento e saneamento de auga no municipio de Cangas do Morrazo dende 2014. Dende 2015 xestiona tamén a depuradora municipal e encárgase de todo o ciclo integral da auga.
A concesionaria das augas de Cangas ten solicitado ao Concello a autorización para investir 3,4 millóns de euros en obras de modernización da rede. A meirande parte das obras están pendentes de aprobación e autorización do Concello de Cangas, titular da concesión.
Dende 2014, UTE Gestión Cangas ten presentado 12 documentos, que inclúen 32 anteproxectos de investimento, para a mellora e modernización do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de auga no municipio.