A modernización da depuradora de Cangas xa ten anteproxecto aprobado polo Concello

3.12.2019.  A UTE Gestión Cangas reformará a depuradora de Areamilla coa sustitución de todos os seus equipos de filtración e desinfección. Tras a aprobación do anteproxecto por parte do Concello de Cangas no pleno municipal, a xestora de augas substituirá e porá de novo en funcionamiento o conxunto de lámpadas ultravioletas da depuradora, que neutralizan os organismos patóxenos das augas. A reforma inclúe tamén a modificación dos equipos de filtración mediante discos recubertos de textil, o que permitirá reter materiais máis finos, e a limpeza dos depósitos para optimizar o seu funcionamiento.

A renovación do sistema de tratamento de augas residuais supón un investimento parte da UTE Gestión Cangas de 300.000 euros e constitúe unha das actuacións prioritarias no municipio, pertencente ás 32 medidas impulsadas para optimizar o ciclo da auga.

Para poder iniciar as obras de reforma e modernización da depuradora de Cangas, a concesionaria municipal aínda precisa dun último trámite municipal: a aprobación do proxecto de execución das obras por parte do pleno municipal de Cangas, presentado o venres no Concello.

UTE Gestión Cangas agarda tamén pola aprobación doutros 32 proxectos de investimento para a modernización das redes de abastecemento e saneamento do municipio, tal e como está previsto no contrato concesional e que recentemente foi reafirmado polo Consello Consultivo de Galicia.

Novas relacioadas