UTE Gestión Cangas reformará o sistema de saneamento de O Hío

18.12.2019.  A UTE Gestión Cangas reformará o sistema de bombeo da parroquia de O Hío e a súa rede de saneamento como parte do seu plan de investimentos. Os traballos, solicitados polo Concello de Cangas, incluirán a mellora integral das conduccións existentes ademáis da inclusión de novas liñas de separativo de pluviais. A obra solventará os colapsos do caudal da rede de auga na zona de O Hío en época de choiva prolongada a través de dous sistemas diferenciados: por unha parte, as augas recollidas das precipitacións, e por outra, o fluxo de fecais.

Tras a implantación hai máis dunha década (2004-2005) do saneamento na parroquia de O Hío, o bombeo de Vilariño ve sobrepasada a súa capacidade cando aumenta o caudal debido ás choivas, provocando o seu desbordamento. O obxectivo do proxecto global de saneamento da parroquia de O Hío é reducir o caudal de augas que se alivia á ría e mellorar as condicións medioambientais na zona de Vilariño e na totalidade da parroquia.

A mellora no saneamento non só afectará ao bombeo de Vilariño, a empresa xestora da auga de Cangas realizará actuacións no bombeo de Vilanova, Liméns, Duchas e Santa Marta, acomentendo unha reforma integral do tratamento das augas residuais nestas zonas.

Novas relacioadas