UTE Gestión Cangas levará auga a 60 vivendas de Rabáns

14.02. 2020 A UTE Gestión Cangas realizará as acometidas de auga para 60 vivendas da zona de Rabáns neste mes de febreiro.

A UTE Gestión Cangas inicia o ano dotando de abastecemento novas zonas do concello Cangués. É o caso de Rabáns, onde foi preciso prolongar a rede actual de distribución para dotar de servizo á totalidade das viviendas. Tras a actuación do Concello de Cangas, e despois de realizar probas de carga nas tuberías, a rede xa está preparada para iniciar as obras de auga e saneamento en 60 novas vivendas.

Tras visitar a zona e identificar os fogares nos que é preciso actuar, UTE Gestión Cangas acometerá as obras en conxunto neste mes de febreiro.  Esta é a primeira das zonas sen abastecemento nas que se actuará no ano 2020, á que lle seguirán os lugares de Arneles, Insua, Paga da Besta (Vilanova) e Gandón.

Novas relacioadas