UTE Gestión Cangas promove o uso intelixente da auga da billa ante o Covid-19

20.03.2020. O lavado de mans frecuente segue a ser unha das mellores medidas na loita contra a propagación do Covid-19, ademáis de moitas enfermedades infecciosas. UTE Gestión Cangas celebra o Día Mundial da Auga promovendo o uso intelixente da auga da billa e reafirmando o seu compromiso coa calidade da auga que chega aos fogares, a cal cumpre cuns estrictos controis de calidade que a empresa xestora da auga manterá inalterable durante o estado de alarma ante a propagación do coronavirus. Os fogares en Cangas consomen de media 21,45 m3 de auga ao ano para uso doméstico, 78,3 litros diarios de media por persoa.

A Organización Mundial da Saúde fixa en 50-100 litros de auga por persoa e día a cantidade precisa para garantir as necesidades máis básicas e evitar preocupacións en materia de saúde. O 70% da auga consumida nos fogares utilízase no cuarto de baño. Segundo os últimos datos da Fundación Aquae, os españois utilizamos entre 6 e 8 litros de auga ao día para cociñar e consumimos entre 60 e 100 litros cada vez que poñemos unha lavadora.

Este ano, UTE Gestión Cangas apela á cidadanía que recorden lavar as mans regularmente con auga e xabón para previr o avence do Covid-19, pero sempre de xeito responsable.

Para monitorizar a calidade da auga, a compañía realiza medicións de cloro e turbidez na rede e nos depósitos de Cangas diariamente. Ademáis, tamén leva a cabo medicións diarias de organolépticos, propiedades que teñen que ver co cheiro, cor, sabor e ph da auga. Para completar este control, a auga de Cangas pasa por varias analíticas en laboratorios independentes ao ano, que se establecen segundo os criterios do Ministerio de Sanidade. UTE Gestión Cangas manterá os análeses de todas as redes e depósitos municipais para garantir a calidade habitual da auga.

O Día Mundial da Auga celébrase cada 22 de marzo dende 1993. Promovido polas Nacións Unidas, recorda a importancia da auga doce e crear conciencia sobre os 2.200 millóns de persoas que non teñen acceso a ela e buscar medidas para abordar a crise mundial da auga.

 

Radiografía da auga en Cangas

Os fogares do municipio empregan na hixiene persoal e nas tarefas domésticas 78,3 litros ao día por persoa. Nos meses de verán, o Concello de Cangas aumenta a súa poboación un 12,6%. Este incremento de turistas, así coma o incremento de temperatura e nas zonas de baño tamén engrosa as cifras de consumo de auga, un 29% maior (90,51 l) que no primeiro trimestre (70 l) do ano.

En 2019, os cangueses consumiron 1.229.315 metros cúbicos de auga en total, cifra que equivale a 365 piscinas olímpicas ou a 106 veces o pavillón de O Gatañal cheo de auga, 1.041.140 m3 para uso doméstico e 188.175 m3 para uso industrial.

O consumo medio do ano por vivenda sitúase en 21,45 m3 para uso doméstico e de 37,29 m3 para uso non doméstico.

O custo unitario da auga, cociente entre os importes abonados polo subministro máis os conceptos de depuración, saneamento e volume de auga distribuida aos usuarios, é de 1,32 euros o metro cúbico, un 32% menor que o custe medio estatal, fixado en 1.95 euros segundo os últimos datos dispoñibles do INE. A factura media no Concello de Cangas, é de 28,33 euros de consumo.

 

 

Novas relacioadas