27.03.2020. Contar nos nosos fogares con acceso a auga é vital para o noso día a día, algo que coa expansión do Coronavirus faise, se cabe, máis importante. Lavarse as mans supón a diferencia entre que o virus continúe a súa expansión, ou que se atope con barreiras que cada persoa pode establecer cun xesto individual.
Os profesionais que conforman o equipo de UTE Gestión Cangas manteñen o seu compromiso para que os veciños e veciñas de Cangas sigan loitando contra o Covid-19 dende o estado de confinamento nos fogares no que nos atopamos. As 13 persoas que coidan do ciclo da auga a diario continúan traballando para garantir o suministro de auga, coa mesma calidade e seguridade habitual.
Dende o pasado sábado 14, UTE Gestión Cangas puxo en marcha un plan de continxencia contra o Covid-19, que contén as medidas precisas para garantir o suministro de auga na totalidade do Concello de Cangas e asegurar a continuidade das tarefas de mantemento e control pertinentes, priorizando traballos urxentes de reparación e resolución e incidencias para asegurar ese suministro de auga da billa que hoxe se rebela máis necesario que nunca.
A empresa encargada da auga está a adoptar as medidas de prevención necesarias para coidar tamén da saúde dos seus traballadores nas instalacións que requiren de presenza física, seguindo dispoñibles para calquera consulta ou incidencia a través da páxina web www.utegestioncangas.com e do Centro de Atención ao Cliente no teléfono 900 810 811.
Cada lavado de mans protexe de forma individual, e protexe á sociedade no seu conxunto. Consulta os pasos para un correcto lavado de mans