UTE Gestión Cangas retrasa o periodo voluntario de pago do recibo da auga

02.04.2020.  UTE Gestión Cangas retrasará o periodo voluntario de pago do recibo da auga mentras permanezan vixentes as medidas excepcionais para atallar a expansión do coronavirus. A compañía manterá o suministro de auga a todos os usuarios, sen cortes. As medidas forman parte do Plan de Contixencia fronte ao Covid-19 que a xestora da auga de Cangas puxo en marcha o pasado día 13 co obxectivo de garantir a continuidade dos servizos e colaborar na protección da saúde dos cidadáns e dos seus empregados. O periodo voluntario de pagamento do primeiro trimestre do ano 2020 comezará unha vez rematado o estado de alarma decretado polo goberno de España, cunha duración de catro meses. Así constará no recibo, que os usuarios recibirán nos próximos días telemáticamente ou por correo postal.

 

UTE Gestión Cangas continúa desenvolvendo as súas funcións para garantir en todo momento o normal funcionamento do ciclo integral da auga en Cangas. Os 13 traballadores que conforman o equipo de mantemento e xestión da auga no municipio, están a centrar os seus esforzos nos traballos de mantemento esencial das instalacións e procesos do servizo, entre os que figuran analíticas diarias de cloro, chequeos bisemanais de organolépticos, así como controis mensuais en laboratorio. Realízase tamén a revisión diaria de depósitos e estacións de bombeo e o mantemento preventivo da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Areamilla. A xestora de augas conta tamén con persoal de garda para incidencias.

 

A atención das solicitudes dos clientes e institucións segue activa a través do Centro de Atención ao Cliente no teléfono 900 810 811 e na páxina web www.utegestioncangas.com, dispoñendo dun lector de garda para avisos e incidencias en instalacións de acometida e cadros de contador para casos inaplazables.

 

UTE Gestión Cangas realiza a totalidade das súas actividades seguindo as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para a protección dos profesionais e da cidadanía, refozando a limpeza dos centros de traballo, instalacións, vehículos, equipos e ferramentas manuais en materia da prevención contra o contaxio do COVID-19.

 

 

Novas relacioadas