08.04.2020. Nicolás González leva 25 anos adicado á xestión da auga. Foi medrando en responsabilidade ata converterse no oficial de maior categoría do equipo de UTE Gestión Cangas. Un traballo esencial, que na situación actual de alarma que nos atopamos, leva a cabo con orgullo. “Manter o ciclo da auga non só consiste en colocar as tuberías correctamente, hai moito traballo de xestión”, opina Nicolás.
Medicións, distribuir aos operarios nas obras, averías… son tarefas habituais dos traballadores da UTE Gestión Cangas, que seguen realizando estes días. Diferentes equipos de garda seguen a realizar os análeses de todas as redes e depósitos municipais para garantir a calidade habitual da auga, como esta de cloro na fonte de Fonteferreira.
Natural do Concello de Cangas, dalle moita importancia ao traballo que realiza para os seus veciños. O diálogo e o entendemento son as dúas ferramentas fundamentais para tratar cos usuarios á hora de facer traballo de rúa. “Cando traballamos o que máis valoramos é a liberdade para tomar decisións que axuden á comodidade da veciñanza. Se hai unha avaría, teño a liberdade de chamar ao xefe de servizo para decidir se hai que cambiar outras pezas. É unha labor de prevención que fará que esa rúa conte con mellores condicións e iso repercute en calidade de vida”, confesa o oficial de redes.
Destaca tamén ante todo o bo ambiente da UTE Gestión cangas. “Levámonos todos moi ben, e iso trasládase ao traballo. O equipo de traballadores xa sabe o que ten que facer e asume responsabilidades. A vocación de servizo é fundamental para este traballo”, conclúe.
Cada vez que se conecta unha vivenda á rede de saneamento, interveñen moitos factores que Nicolás coñece á perfección. “Se a estrada é da Deputación de Pontevedra, ten un procedemento específico, se é do Concello, ten outro diferente. Son cousas que os veciños descoñecen, manter o ciclo da auga non só consiste en colocar as tuberías correctamente, hai moito traballo de xestión paralelo. O proceso de acometida comeza coa solicitude dunha conexión ao saneamento. O seguinte paso é que o equipo se traslade á zona para ver as súas características, media a distancia, analizar o pavimento, medir a obra e comunicarlla ao xefe de servizo”, comenta Nicolás.
Tras 25 anos ao servizo da auga en Cangas, é testemuña directo da evolución e do reto que supuxo e a modernización dos equipos e ferramentas de traballo, que hoxe en día facilitan moito a súa labor. “Cando comezamos a traballar eu tiña 20 anos. Non había nin contadores e todas as tuberías eran de fibrocemento. Traballábamos todas as fines de semana. O volumen de traballo era abrumador. O servizo foi evolucionando moito, tanto en ferramentas coma en vehículos, a incorporación de maquinaria pesada supuxo un antes e un despois. Un traballo que hai 10 anos levaba dous días agora leva media mañá. É necesario investir para mellorar o servizo, e en UTE Gestión Cangas isto é prioritario”, di Nicolás. “Nos últimos anos cando unha rúa da problemas xa intentamos cambiala por completo. Facer parches non é unha solución efectiva. Se un veciño ve que día si e día non a mesma compañía está a romper a rúa, non o vai entender”, confesa González.
Prefire os traballos de abastecemento, aínda que son máis problemáticos. Trátase dun traballo máis técnico que require dos coñecementos que foi adquirindo todos estes anos, e supón un reto para él, xa que as avarías teñen que quedar resoltas de inmediato para non deixar aos veciños sen servizo e evitar o desperdicio de litros de auga. “Eu descoñecía moito este oficio e fun aprendendo e mellorando día a día. Agora estou nun momento profesional excelente. Ás veces chámanme á casa cando non estou de garda e non me importa resolver dúbidas ou achegarme ao lugar da incidencia. Iso vai no que é o mantemento do servizo, e no que me gusta o meu traballo”, conta este traballador.
UTE Gestión Cangas non só traballa a pé de rúa, senón que o traballo máis importante é invisible aos ollos da veciñanza. “Se unha rúa de 20 edificios sufría un problema, había que deixar sen augua ás 20 vivendas. Agora interrompemos o servizo as mínimas posibles. Iso consíguese a través do revisado constante de válvulas e contando cun mantemento óptimo”, narra González.
Aínda así, quedan algúns retos por diante, como o aumento do volumen de traballo na época estival. “En verán a poboación se duplica e duplícanse tamén as averías e as solicitudes de acometidas. O volumen de traballo dispárase e precisamos máis apoio”, confesa Nicolás.