24.07.2020. UTE Gestión Cangas activou 1,85 millóns de euros en 7 obras realizadas e en trámite de aprobación por parte do Concello de Cangas dos 3,4 millóns de euros previstos no seu plan de investimentos, cifra que supón a anticipación do 60% do total do investimento asinado no contrato do ciclo da auga de Cangas.
As obras executadas corresponden a traballos de mellora e renovación do abastecemento e saneamento nas rúas Herbello, Baiona e Poio, por valor de 320.000€. As obras da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Areamilla, e a mellora do saneamento de Donón, presupostadas en 450.00€, agardan autorización do Concello de Cangas como titular do servizo.
A compañía insiste na necesidade de activar estes dous proxectos urxentes e necesarios para o óptimo funcionamento do sistema de augas de Cangas. “Queremos continuar prestando o servizo no Concello de Cangas e apostamos pola súa mellora mediante o plan de investimentos asinado en 2014, a única forma de que Cangas se convirta nun modelo de xestión, abastecemento e saneamento de augas moderno e eficaz. É necesario acometer as reformas urxentes comprometidas, polas que levamos agardando 6 anos”, explica David Soneira, xerente de UTE Gestión Cangas.
33 anteproxectos máis en trámite de aprobación
Dende a adxudicación do servizo en 2014, UTE Gestión Cangas solicitou ante o Concello de Cangas 36 solicitudes de mellora por importe de 6,1 millóns de euros, dos que 33 continúan pendentes de autorización polo Concello de Cangas.
O anteproxecto de mellora do saneamento na subconca de Aldán, tras a aprobación por parte do Concello do anteproxecto e transcorrido o período de exposición pública, atópase actualmente en fase de redacción. A obra está destinada a minimizar os alivios e mellorar a calidade medioambiental da ría de Aldán sen sobrecargar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cangas e suporá unha inversión de 1,5 millóns de euros.