Iniciamos as obras para instalar a rede de auga en A Rosada-Muiño de Fausto

27.02.2025. A UTE Xestión Cangas comezou as obras para estender o subministro de auga ás vivendas da zona de A Rosada-Muiño de Fausto, na parroquia de Coiro. O proxecto permitirá levar auga potable a unha área de vivendas que actualmente carece de conexión á rede municipal.

As obras inclúen a instalación dunha nova canalización de case 1 quilómetro que conectará coa rede xa existente na Rúa da Retirosa. As novas canalizacións facilitarán o acceso ao abastecemento de auga ás casas situadas a ambos os dous lados do camiño principal.

O proxecto de construción prevé a apertura dunha gabia ao longo da Rúa de Pentes e da Rúa da Rosada para a instalación das novas tubaxes.

A duración estimada dos traballos é de dous meses e están financiados pola UTE Xestión Cangas como parte do plan municipal de mellora de infraestruturas. O investimento realizado ascende a 126.000 euros e a empresa encargada dos traballos é a construtora galega Civis Global.

 
Na imaxe, labores de escavación para a apertura da gabia en A Rosada. FOTO: Punto GA | M. Riopa

Novas relacioadas