“Cando hai unha avaría, sempre manteñen a calma”

10.09.2020. David Pouso Otero é o membro máis recente do equipo da UTE Gestión Cangas. David traballa dende hai tres meses como parte do equipo de mantemento e destaca a calma coa que os seus compañeiros máis veteranos encaran as urxencias que os equipos deben resolver. “Cando hai unha avaría, como unha tubería que perde auga, eu aínda me sobresalto. Eles sempre manteñen a calma”, conta Pouso Otero.

O traballo de David céntrase na realización das acometidas de augas as vivendas e a atención a urxencias de rúa. Entre as incidencias que tivo que acoder nos últimos meses destaca a fochanca que se produciu polas fortes chuvias na rúa Espiritu Santo. “Era case do tamaño dun coche. Chegamos. Arranxamos a tubería, enchemos de área e reasfaltamos. Ademais de arranxar, intentamos sempre deixalo mellor do que estaba”, explica David.

Para el o mellor do seu traballo é aprender a resolver as incidencias e valora a positividade de todo o equipo. “Gústame a maneira de traballar. Traballamos ben, tranquilos. Os máis veteranos están afeitos a ver de todo pero sempre arranxamos”, detalla o membro máis recente da plantilla da UTE Gestión Cangas.

O equipo da UTE Gestión Cangas está formado por 15 profesionais que abranguen dende equipos de mantemento e reparación, atención ao cliente ou a lectura dos contadores.

 

 

Novas relacioadas