Grazas

20.04.2020. Contar nos nosos fogares con acceso a auga é vital para o noso día a día, algo que coa expansión do Coronavirus faise, se cabe, máis importante. Algo tan sinxelo como o lavado de mans supón a diferencia entre que o virus continúe a súa carreira imparable, ou que se atope con barreiras que cada un de nós pode establecer cun xesto individual.

Tras 36 días excepcionais, dende UTE Gestión Cangas celebramos cada lavado de mans como un acto que amosa a nosa fortaleza como sociedade. Esta pandemia lonxe de revelar a nosa fraxilidade, está a sacar o noso lado máis comprometido e responsable.

Os profesionais que formamos o equipo de UTE Gestión Cangas temos un compromiso para que os veciños e veciñas de Cangas sigades loitando contra o Covid-19 dende os vosos fogares e unha vez que voltemos á rúa.

Dende que entrou en vigor o estado de alarma o pasado sábado 14 de marzo, as 13 persoas que coidamos do ciclo da auga a diario seguimos traballando para garantir o suministro de auga, coa mesma calidade e seguridade á que estades acostumados. Estamos na rúa, priorizando tarefas urxentes de reparación e resolución de incidencias para asegurar ese suministro de auga da billa que hoxe é unha ferramenta fundamental.  Facémolo aplicando as medidas de prevención necesarias para coidar tamén da nosa propia saúde.

Afrontamos as próximas semanas coa mesma forza e ganas de traballar para garantir que poidades loitar contra o virus cada vez que abrides a billa. Agardamos que sexan as últimas que poidamos estar neste grado de confinamento, grazas á colaboración de todos e todas.

Grazas, de corazón, por todo o que fixéchedes, estades facendo e faredes para frear esta pandemia.

O equipo de UTE Gestión Cangas  

 

 

Novas relacioadas