![](https://utegestioncangas.com/wp-content/uploads/2023/11/MR_AQUALIACANGAS068-scaled.jpg)
22.11.2023. O sistema de saneamento de Cangas, reforzado pola UTE Gestión Cangas, despregou nas últimas semanas un intenso labor a causa das intensidade das choivas.
Os principais labores durante os recentes temporais se centraron en evitar e reparar a formación de fochancas, o levantamento de tapas e as inundacións. Nos días de maior intensidade, os profesionais da UTE Gestión Cangas atenderon multitude de incidencias diarias relacionadas coas tapas do saneamento. Francisco Comesaña, xefe de servicio da UTE Gestión Cangas, destaca: “É moi importante actuar rápidamente, especialmente nas áreas transitadas por vehículos, onde estas incidencias leves poden afectar ao tráfico”.
No mes de setembro, UTE Gestión Cangas iniciou a campaña de limpeza do saneamento que realiza de forma periódica. Os traballos realizáronse durante tres semanas co fin de previr arrastres despois do período estival, cando a poboación de Cangas chega a triplicarse e a cantidade de residuos increméntase. “Revisamos aquelas zonas máis sensibles, identificando puntos problemáticos de anos anteriores para minimizar os posibles danos”, explica Francisco Comesaña.
A compañía paralizou temporalmente as obras de melloras planificadas para dar prioridade a atención das incidencias, tendo en conta tamén as complicacións que supón traballar sobre terreo moi brando.
Na imaxe, un operario da UTE Gestión Cangas reparando unha arqueta do sistema de saneamento.