O respeto polo medio ambiente e a convivencia co entorno natural de Cangas é unha das cuestións máis importantes para o desenvolvemento da actividade da UTE Gestión Cangas. Por iso, a entidade presta especial atención ao seu impacto no lugar, elaborando de xeito periódico medicións, autodiagnósticos e someténdose a auditorías externas.
A concesionaria someteuse en 2017 a un proceso de autodiagnóstico ambiental de residuos segundo os criterios do SIRGA, dependente da Xunta de Galicia, que superou cun resultado notable. Ademais disto, a UTE Gestión Cangas tamén levou a cabo un proceso de auditoría externa por parte de AENOR, no que obtivo as acreditacións internacionais de calidade ISO:9001 e ISO:14001.
Un dos ámbitos que tamén convén controlar con especial interese é o ruido ambiental, derivado da actividade da inmensa maioría de empresas e entidades no seu entorno máis próximo. A UTE Gestión Cangas evaluou en 2017 o 100% das súas instalacións, concluíndo que estas permanecen sempre dentro dos límites da lexislación para a protección contra a contaminación acústica de Galicia.