27.12.2019. A UTE Gestión Cangas modernízase habilitando o pago con tarxeta de crédito ou débito dende as súas oficinas a través de dispositivos de TPV (Terminal Punto de Venta).
Este sistema atópase operativo para calqueira tipo de abono nas oficinas de UTE Gestión Cangas, incluido o recibo da auga no caso de non estar domiliciado, incluidos os servizos non tarifarios coma as obras de acometida, a amortización de contadores e a xestión de altas e baixas.
A partir deste mesmo momento, facer o pagamento de todos os recibos tarifarios e non tarifarios é tan sinxelo coma achegar ao TPV a tarxeta bancaria. Un sistema de cobro máis rápido, cómodo e seguro para os usuarios.
A UTE Gestión Cangas traballa para mellorar cada día a comodidade da veciñanza, dando un paso máis cara a modernización integral do sistema de xestión da auga en Cangas.