
As augas de Cangas seguen un percorrido de moitos kilómetros, que inclúe a viaxe baixo a Ría de Vigo ata chegar aos fogares da veciñanza de Cangas e precisan de persoas que supervisen e coiden de todo o seu ciclo. Para cumprir este cometido, a Ute Gestión Cangas conta, dende o ano 2017, cunha plantilla de 13 persoas que garanten un correcto funcionamento de todos os sistemas ligados á auga: atención á clientela, administración, servizo de abastecemento, saneamento e depuración, ademais dunha estrutura organizativa de apoio encargada de dar soporte en materia de prevención de riscos, calidade, laboratorio, compras, administración e xestión da clientela.
Cada semana, a Ute Gestión Cangas renova as quendas de mantemento, designando unha parella de profesionais que se fan cargo de xeito continuado da rede de auga ata a semana seguinte, polo que nunca queda desatendida. Para que nada se escape ao seu control, o persoal dispoñible leva consigo un dispositivo as 24 horas do día para poder recibir todos os avisos das posibles situacións que se produzan nos equipos do servizo e acudir no momento ao lugar de onde proveña cada aviso para solventar a urxencia.