O 75% do persoal de UTE Gestión Cangas incorpórase ao traballo de xeito presencial

08.05.2020. UTE Gestión Cangas incorpora ao 75% do persoal as tarefas de xestión e mantemento do ciclo da auga. Tras 54 días garantindo o normal suministro de auga na totalidade do municipio de Cangas grazas ao traballo dos equipos de garda e retén para tarefas urxentes de reparación de incidencias e o traballo telemático de todos os seus profesionais, a compañía da un paso máis na aplicación do seu plan de continxencia contra a COVID-19, co obxectivo de reactivar o 100% de actividade paulantinamente ante o plan de desescalada anunciado polo Goberno.

Nos últimos días, incorporáronse 7 profesionais as tarefas habituais a pé de rúa, que a xestora da auga está a realizar de cara á reactivación da actividade económica no municipio. A xestora da auga xa incorporou dous profesionais para retomar as lecturas de contadores, paralizadas dende o pasado 13 de marzo. Incorpora tamén dous profesionais adicados as acometidas non urxentes, dous electromecánicos realizando tarefas de mantemento rutinarias na depuradora, bombeos e depósitos e un oficial de obra supervisando a realización con seguridade de todos estes traballos.

UTE Gestión Cangas comeza a campaña de limpeza de alcantarillado

Ademáis das tarefas habituais de mantemento e limpeza que se realizan diariamente, UTE Gestión Cangas activa a campaña de limpeza do alcantarillado do Concello de Cangas, para asegurar o seu óptimo funcionamento tras este longo periodo de inactividade. Un camión de limpeza está adicado a este cometido, con especial atención ao mantemento dos colectores xerais que se sitúan preto da costa e aos bombeos de saneamento en zonas de especial afluencia de persoal.

Os 7 profesionais do ciclo da auga que se incorporan ao traballo presencial nestes días súmanse aos 3 profesionais adicados a servizos mínimos que xa viñan desenvolvendo as tarefas urxentes. Tres operarios continúan de garda e retén, para atender as posibles avarías na redes de abastecemento e saneamento, que a concesionaria prevé que aumenten en número o vindeiro luns, cando múltiples negocios da zona volvan a abrir ao público.

UTE Gestión Cangas está integrada polas compañías Civis Global e Aqualia, cunha plantilla fixa de 13 persoas e unha media anual de 30 empregos indirectos na vila. As oficinas de atención ao público continuarán provisionalmente pechadas. A empresa continuará prestando atención aos seus clientes a través da páxina web www.utegestioncangas.com ou no Centro de Atención ao Cliente no teléfono 900 810 811.

Novas relacioadas