18.12.2020 As obras de excavación para a reforma do saneamento de Donón dan comezo tras a primeira semana de traballos na zona. Os operarios están a conectar a fosa de Donón ata a rede municipal de saneamento en Viñó a través dunha tubería de impulsión de 800 metros. A compañía tamén está efectuando nestes días a renovación dos equipos de filtración e desinfección que neutralizan os organismos patóxenos das augas na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Areamilla, que estará completada nos primeiros meses de 2021.
Ambos proxectos contan cun orzamento de 426.000 euros e son as primeiras actuacións que se poñen en marcha neste ano 2020 con cargo ao plan de investimentos de 3,4 millóns de euros comprometido pola compañía para obras de mellora en diferentes puntos nos sistemas de abastecemento, saneamento e depuración do municipio. As melloras no saneamento de Donón e na EDAR de Areamilla pertencen ás 37 medidas impulsadas dende 2015 por UTE Gestión Cangas para optimizar o ciclo da auga.
Os traballos de soldadura das tuberías na zona de Donón finalizarán nas próximas semanas e seguirán coa colocación do firme para habilitar de novo o paso de persoas e vehículos pola vía pública. A continuación, ensamblarase un novo bombeo na salida da depuradora de Donón. A finalización das melloras do saneamento estimase para o vindeiro mes de xaneiro. Coa nova obra, as augas chegarán dende Viñó ata a depuradora de Areamilla para o seu tratamento. O obxectivo dos traballos reconducir o efluente da fosa de Donón ata a rede municipal de saneamento.
Os traballos de substitución e actualización do conxunto de lámpadas ultravioletas da depuradora de Areamilla tamén estanse a realizar dende o pasado mes de novembro. A reforma, que inclúe tamén a modificación dos equipos de filtración mediante discos recubertos de textil para reter partículas máis pequenas, estará lista o próximo mes de febreiro.
Novos investimentos en 2021
Tras a súa aprobación en pleno municipal o pasado venres 4 de decembro, UTE Gestión Cangas continuará investindo en mellorar os sistemas de saneamento e abastecemento da subconca de Aldán e a avenida Espíritu Santo, ademáis de dotar de abastecemento ao barrio da Rosada. Estas novas autorizacións suman 2,2 millóns de euros movilizados por parte da compañía neste 2020 para a mellora e modernización do ciclo da auga en Cangas, un total do 62% do investimento comprometido no contrato de concesión asinado en 2014.
En 2021 a xestora do ciclo da auga iniciará a reforma integral do saneamento da ría de Aldán para mellorar da calidade medioambiental da subconca do Hío a través da mellora dos sistemas de bombeo ademáis de evitar sobrecargar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cangas por medio da instalación de novas redes de recollida de auga pluvial. O orzamento de estas actuacións nos bombeos e tuberías da zona para evitar o exceso de caudal, causa dos alivios existentes na Ría de Aldán, será o máis elevado ata o momento: 1,5 millóns de euros.
As obras no barrio de A Rosada se realizarán en dúas fases: unha primeira instalación de 830 metros de tubería que se conectará coa rede existente (109.000 euros) e unha segunda intervención na zona do Muíño de Fausto (104.500 euros), onde se colocará unha canle de abastecemento de 810 metros que conecte coa rede actual.
A renovación do abastecemento, saneamento e o sistema de recollida de pluviais na Avenida Espíritu Santo (208.000 euros), consistirá na renovación das canalizacións de saneamento e abastecemento actuais xunto coa de todas as canalizacións da zona por tuberías novas de 660 metros de lonxitude.