Comezan as obras na avenida Espírito Santo en Cangas

05.03.2025. UTE Xestión Cangas iniciou as obras de renovación da rede de abastecemento e saneamento na Avenida do Espírito Santo, un dos principais viais de comunicación do municipio. Os traballos inclúen as actuacións previstas nas memorias II e III do proxecto inicial e realízanse, desde esta semana, nun treito de 650 metros da vía. A compañía canguesa encargada da xestión do ciclo da auga de Cangas inviste 0,5 millóns de euros nas obras.

A intervención desenvolverase na área comprendida entre a capela do Espírito Santo e o acceso á rotonda da vía rápida, e estenderase desde o acceso á rotonda ata a rúa Gruncheiras.

A previsión inicial é concluír as obras durante a primavera, o que permitirá unha mellora substancial da infraestrutura, optimizando a distribución e evacuación de augas na zona. Entre as principais intervencións inclúese a substitución do colector de saneamento de formigón por un novo de material plástico.

Durante a intervención, o Concello de Cangas establece os desvíos e accesos alternativos para garantir a circulación e o acceso a vivendas e empresas.

Na imaxe, tramo da rúa Espírito Santo onde se realizarán as obras. FOTO: Punto GA | M.Riopa

Novas relacioadas