
09.07.2019. A UTE Gestión Cangas pecha o primeiro semestre de 2019 cunha calidade óptima de auga de consumo en Cangas. A xestora finalizou este periodo sen non conformidades rexistradas nas medicións.
Para monitorizar a calidade da auga, a compañía xestora das augas realiza medicións de cloro e turbidez na rede e nos depósitos de Cangas todos os días. Ademais, leva a cabo medicións de organolépticos, propiedades que teñen que ver co cheiro, cor, sabor e ph da auga, dúas veces por semana. Para completar este control, a auga de Cangas pasa por varias analíticas en laboratorio independente ao ano, que se establecen segundo os criterios do Ministerio de Sanidade.
Cando a calidade da auga está por debaixo do nivel recomendado tras efectuar varias medicións de xeito repetido, recibe unha non conformidade e a incidencia permanece ata que se resolve no menor espazo de tempo posible.