11.03.2020. A empresa concesionaria do servizo de augas de Cangas, UTE Gestión Cangas, acode hoxe de novo aos tribunais para reclamar o cumprimento do contrato asinado, que permitiría mellorar as infraestruturas e convertir Cangas nun dos municipios galegos con mellor servizo integral da auga. Tras dúas sentenzas favorables á concesionaria, emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en febreiro de 2017 e outubro de 2018, hoxe tivo lugar a proba vista no Xulgado Contencioso-Administrativo no 2 de Pontevedra da última reclamación correspondente á facturación do período 2017-2018, que establecerá o importe da indemnización relativa ás tarifas anuladas polo TSXG na súa segunda sentenza. UTE Gestión Cangas solicita, provisionalmente, 358.947,70 euros segundo a sentencia favorable de outubro de 2018, ademáis dos intereses correspondentes.
Coas tarifas aprobadas en novembro de 2015, a contía establecida polo Concello de Cangas para garantir o mantemento do ciclo integral da auga no contrato, de 2,2 millóns de euros, reduciuse ata os 1,6 millóns, un 28%. En decembro de 2016 apróbase unha nova ordenanza que establece a retribución en 1,8 millóns de euros, un 18% por debaixo dos ingresos contemplados no contrato.
Unha tarifa adecuada á realidade do servizo
A factura da auga en Cangas mantense coas mesmas tarifas por cuarto ano consecutivo tras tres modificacións da ordenanza que non se axustan á realidade do servizo. As novas tarifas, aprobadas o 27 de setembro de 2019 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o pasado mes de febreiro, fixáronse de novo co mesmo importe do período 2017-2018. A compañía concesionaria da auga seguirá defendendo nos tribunais a aplicación das tarifas do contrato asinado en 2014, as únicas que non foron anuladas xudicialmente.
“Buscamos que se cumpra o contrato e a adxudicación asinadas e aprobadas en 2014, o que permitirá modernizar o ciclo da auga e convertir a Cangas nun concello modelo en prezos, xestión, abastecemento e saneamento de augas”, declaran dende UTE Gestión Cangas.
Continúa a mellora do ciclo da auga
UTE Gestión Cangas segue a desenvolver o plan de investimentos comprometido en 3,4 millóns de euros dende a sinatura do contrato. A reforma integral do saneamento da ría de Aldán, as obras da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Areamillla e a mellora do saneamento de Donón, cun presuposto de 2,2 millóns de euros, son algúns dos proxectos propostos para a mellora do saneamento do municipio.
Estes tres grandes proxectos, prioritarios de cara á modernización do ciclo integral da auga en Cangas, súmanse ás 32 medidas de inversión, modernización e mellora presentadas por UTE Gestión Cangas dende a adxudicación do servizo en 2014.
UTE Gestión Cangas mantén un persoal fixo de 13 traballadores e xera unha media anual de 30 empregos directos na vila. A empresa xestiona o ciclo da auga dende 2014 para 13.568 familias e empresas do municipio.