UTE Gestión Cangas inviste 2,2 millóns de euros en reformar o ciclo da auga

07.02.2020. A UTE Gestión Cangas investirá 2,2 millóns de euros para reformar o ciclo da auga mediante tres grandes proxectos. A reforma integral do saneamento da ría de Aldán engádese ás obras da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Areamillla e á mellora do saneamento de Donón. Estas tres obras están suxeitas ao plan de investimentos da compañía, presupostado en 3,4 millóns de euros, e implican o 65% da súa inversión total. As actuacións no saneamento da zona de Donón e na ría de Aldán súmanse ás 32 medidas de inversión e modernización presentadas por UTE Gestión Cangas dende a adxudicación do servizo en 2014.

O novo deseño do saneamento da ría de Aldán conleva un investimento de 1,8 millóns de euros. As actuacións están destinadas a eliminar os alivios e mellorar a calidade medioambiental da ría de Aldán sen sobrecargar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cangas. Mediante a instalación de sistemas de separativo de pluvais e a reforma dos bombeos e as tuberías existentes evitaranse as infiltracións das augas subterráneas nos pozos de bombeo de Vilariño, Liméns, Vilanova e O Hío, principal causa do colapso do sistema de saneamento.

A renovación dos equipos de filtración e desinfección da depuradora supón unha inversión por parte da UTE Gestión Cangas de 300.000 euros, aos que se engaden os 87.700 euros precisos para conectar a fosa de Donón coa rede de saneamento existente a través dunha tubería de impulsión, que percorerá os 800 metros que a separan do punto máis próximo do pozo de bombeo de Viñó.

Ampliación da rede de abastecemento en Cangas

O Concello de Cangas ampliará o seu abastecemento en 60 novas vivendas da zona de Rabáns. Tras a actuación dos técnicos municipais a rede xa está preparada para iniciar as obras de auga e saneamento nas vivendas a comezos do mes de febreiro. Esta é a primeira das zonas sen abastecemento nas que se actuará no ano 2020, á que lle seguirán os lugares de Arneles, Insua, Castiñeiras e Gandón.

 

 

Novas relacioadas