30.05.2024. A oficina de atención ao público da UTE Xestión Cangas permanecerá pechada o vindeiro venres 31 de maio con motivo do día da patroa do sector da auga. A festividade honra a importancia vital da auga e a relevancia deste recurso fundamental no noso día a día.
Para calquera consulta, aviso ou emerxencia, a nosa liña telefónica de avarías estará dispoñible as 24 horas do día no teléfono 900 810 707. Ademais, lembramos que o noso correo electrónico utegestioncangas@fcc.es e a nosa aplicación móbil están sempre dispoñibles para recibir consultas e solicitudes.
Unha vez concluída a celebración, retomaremos o noso horario habitual de atención ao público, de luns a venres, de 9.00 a 13.00 horas. Agradecemos a vosa comprensión e colaboración durante este período.