A reforma da subconca da ría de Aldán recibe autorización do Concello no pleno de decembro

05.12.2020. UTE Gestión Cangas investirá 1,5 millóns de euros na reforma do saneamento da ría de Aldán. Así foi aprobado no pleno municipal de decembro, que da luz verde para que se acometan as actuacións de mellora da calidade medioambiental da subconca do Hío na ría de Aldán para evitar sobrecargar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cangas. Ademáis deste gran proxecto, aprobáronse tamén a ampliación da continuidade do primeiro tramo de abastecemento ata o barrio da Rosada e a reforma do saneamento e abastecemento da Avenida Espírito Santo.

Xunto á modernización da estación depuradora de augas residuais (EDAR) e a mellora do sanemento de Donón, que xa se están a executar, e a ampliación do segundo tramo para o abastecemento na zona Rosada-Muíño de Fausto, que acaba de finalizar o seu prazo de exposición pública, son seis os proxectos implementados neste ano 2020 pertencentes ás 37 medidas impulsadas dende a xestora consideradas prioritarias para o municipio. UTE Gestión Cangas movilizou 2,2 millóns este 2020 para a mellora e modernización do ciclo da auga en Cangas, un total do 62% do investimento comprometido.

A instalación de sistemas para separar as pluvais nas zonas de Vilariño, Liméns, Vilanova e O Hío e a reforma dos bombeos e as tuberías da zona minimizarán as infiltracións das augas subterráneas nos pozos de bombeo, que causan o exceso de caudal que provocan os alivios á Ría de Aldán. No lugar de O Hío crearase unha rede primaria de recollida de pluviais que discorrerá pola baixada ao Rapallo, rúa do Viñal e a rúa Baixa a Riosteiro. A construcción dun colector para fecais que se conectará á rede de pluviais existente na rúa David Cal e un novo colector na rúa Viñal e baixada a Rioesteiro renovarán por completo o saneamento actual.

A mellora no sistema de bombeos comeza pola construcción dun novo pozo de bombeo que sustituirá o existente e instalación dun sistema de telecontrol na Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) de Vilanova. Continúa na EBAR de Vilariño, onde se instalará un areeiro para facilitar a súa limpeza, reemplazando bombas e calderería.

A optimización do funcionamento da EBAR de Liméns é a última peza desta renovación integral. A instalación dun novo areeiro acompañará á ampliación do tramo de impulsión ata acadar os 700 metros ata chegar á EBAR de Santa Marta. Un novo colector de 150 metros de saneamento por gravidade e a renovación das bombas completan as reformas neste punto.

A Rosada e Espíritu Santo, seguintes melloras para Cangas

No pleno municipal de decembro, aprobouse a posta en marcha de outros dous proxectos: a primeira das actuacións para dotar de auga ao barrio de A Rosada e a renovación integral da Avenida Espíritu Santo. A ampliación da rede de abastecemento do municipio ata o barrio da Rosada levarase a cabo en dúas fases: unha primeira instalación de 830 metros de tubería que se conectará coa rede existente e unha segunda intervención na zona do Muíño de Fausto, onde se colocará unha canle de abastecemento de 810 metros que conecte coa rede actual. Esta ampliación executarase en dous meses dende a súa aprobación definitiva polo Concello de Cangas.

A renovación do abastecemento, saneamento e o sistema de recollida de pluviais na Avenida Espíritu Santo (208.000 €), consistirá na renovación das canalizacións de saneamento actuais, que contan con fugas e filtracións que afectan ao pavimento do vial, xunto coa de todas as canalizacións da zona por tuberías novas de 660 metros de lonxitude as correspondentes arquetas e válvulas de illamento.

Novas relacioadas