
11.09.2019. A UTE Gestión Cangas avanza na renovación de contadores e vén de substituír 250 durante o primeiro semestre do ano. O obxectivo da compañía xestora de auga é acadar os 1.000 aparellos renovados a finais de ano.
A UTE Gestión Cangas traballa con contadores de alta calidade, verificados a nivel europeo. Ademais, a xestora das augas de Cangas realiza unha valoración propia destes aparellos, que lle permite asegurar a súa calidade de primeira man.
De acordo aos estándares de calidade, a UTE Gestión Cangas avanza no seu propósito de substituír todos os contadores cunha antigüidade superior a dez anos, para garantir a súa fiabilidade á hora de medir o consumo, e así evitar que se poidan producir desfases.
En 2018, a UTE renovou ata 600 contadores en Cangas e en 2017 realizou importantes melloras nas instalacións, coa reforma integral da estación de bombeo de A Madalena, novas instalacións, e melloras nas súas prestacións, que contribúen a ofrecer un bo servizo ao municipio.