
A UTE Gestión Cangas avanza na súa aposta para adaptar os seus servizos ás necesidades do municipio e vén de renovar a instalación de 422 contadores e sustituir 16 que xa non cumprían a súa función.
O obxectivo é nutrir ao municipio dun mantemento continuo para obter a medio prazo un parque de contadores con menos de oito anos de antigüedade.
En 2017, a UTE Gestión Cangas realizou importantes melloras nas instalacións coa reforma integral da estación de bombeo de A Madalena e a instalación dunha rede separativa na rúa Enseñanza, que xa conta con dúas canles separadas para as augas domésticas e industriais e para as augas da choiva. Ademais asfaltáronse tamén varias zonas das instalacións da concesionaria e melloráronse as dependencias do depósito de Coiro e do almacén exterior pertencente ao depósito de Ourelo.