09.08.2024. UTE Xestión Cangas acaba de elaborar e presentar a exposición pública o novo anteproxecto das fases II e III das obras da avenida Espírito Santo. Publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) o 31 de xullo de 2024, o documento queda sometido a propostas e alegacións durante 30 días antes de ser proposto ao pleno municipal de Cangas para a súa aprobación definitiva e poder iniciar as obras.
O anteproxecto conta cun investimento total de 364.193 euros e ten como obxectivo continuar coas melloras iniciadas no ano 2020 coa primeira fase. Os labores de traballo centraranse na mellora integral do sistema de saneamento e recolección de pluviais da vía.
A fase II inclúe as obras do tramo que vai desde a capela de Espírito Santo ata o acceso á rotonda da vía rápida; e a fase III abarca a área entre o acceso á rotonda e a rúa Gruncheiras. A duración estimada das obras será de 2 meses.
Na imaxe, a avenida Espírito Santo. FOTO: Punto GA | M.Riopa