30.01.2023. As parroquias de Darbo, O Hío e Aldán e o lugar de Liméns quedan sen abastecemento de auga dende as 22.00 horas debido a unha avería situada na zona do Cristo de A Laxe, nunha tubería principal do subministro.
A compañía de auga de Cangas xa está desprazada á zona para deixar todo preparado para proceder á reparación. A previsión é a de poder reparar á conducción de auga durante a noite para restablecer o servizo de abastecemento a partires das 8.00 horas do mércores 31 de xaneiro. Tanto a perda de abastecemento como a súa recuperación terán un diferencial horario en función da distancia ao punto do corte como da altitude, polo efecto da presión da auga na rede de tubaxes.
UTE Gestión Cangas intentará restablecer o abastecemento afectado no menor tempo posible e pide disculpas á poboación afectada polas molestias causadas polas obras.
[Na imaxe, un operario da compañía durante unha reparación do abastecemento. FOTO: Punto GA /M. Riopa]