Goza dun verán con auga, coidémola xuntos

09.07.2024. O encoro de Eiras, principal fonte de abastecemento para Cangas e a comarca de Vigo, comezou xuño cun nivel de enchido do 100%, segundo o último boletín hidrolóxico de Augas de Galicia con datos ata o 3 de xuño de 2024. Eiras é un dos principais pantanos de abastecemento de auga potable de Galicia e conta cun volume total de 22,17 hectómetros cúbicos na actualidade, unha 35% da auga potable de todos os encoros da costa galega.

O sistema de subministración dependente do encoro de Eiras abarca gran parte da comarca de Vigo e os municipios de Cangas e Moaña, a través dunha canle submarina que cruza a ría de Vigo. Cangas complementa o abastecemento con outros encoros próximos como o de Zamáns e Fornelos de Montes, ademais de contar con captacións internas propias como pozos e mananciais.

Aínda que as reservas de auga non fan prever restricións no verán que hoxe comeza, os prognósticos de verán seco e cálido constatan a importancia de promover hábitos de consumo responsable. UTE Xestión Cangas, responsable do servizo de abastecemento de auga dos 26.800 veciños e empresas de Cangas quere lembrar algunhas boas prácticas para evitar o mal uso da auga potable:

  1. Pecha a billa ao cepillar os dentes ou ao afeitarte para aforra auga.
  2. Opta por duchas curtas e considera un cabezal de ducha de baixo consumo.
  3. Revisa e repara as fugas de auga no teu fogar regularmente.
  4. Utiliza a lavadora e o lavalouzas cando estean cheos e con programas de baixo consumo.
  5. Rega o teu xardín temperán pola mañá ou á tardiña para evitar a evaporación da auga.

É moi importante que coidemos entre todos dun servizo público e indispensable como é a auga.

Na imaxe, encoro de Eiras (Pontevedra) coas comportas abertas. FOTO: Punto GA | M.Riopa

Novas relacioadas