05.07.2024. O Concello de Cangas encargou á UTE Xestión Cangas a redacción do anteproxecto de separación de pluviais para as rúas Alexandre Cribeiro e Avenida de Bueu.
A entrada de augas pluviais na rede de saneamento está a causar un aumento significativo nos volumes que deben ser tratados na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). As intensas choivas recentes sobrecargaron o sistema de saneamento, o que provoca ineficiencias e representa un risco de verteduras, con consecuencias ambientais negativas, debido á capacidade limitada das instalacións para manexar todo o fluxo de auga de maneira eficiente.
As obras realizaranse con cargo ao Plan de Investimentos estipulado no contrato coa UTE Xestión Cangas
Na imaxe, a Avenida de Bueu. Punto GA | M. Riopa