Obras de mellora no abastecemento da rúa Chamiceira

26.09.2024. UTE Xestión Cangas comeza as obras na rúa Chamiceira, na parroquia de O Hío (Cangas), unha zona que precisa dun aumento na presión do caudal de abastecemento para eliminar os problemas de subministración que se producen nalgúns períodos do ano. As obras, xa aprobadas polo Concello de Cangas, consisten na instalación dun grupo de presión na contorna do lavadoiro de Lubrei, para estabilizar a presión nas conducións, especialmente nos momentos de maior demanda na rede.


O equipo está dotado cun sistema de control electrónico da presión e un dispositivo de expansión que permiten activar as máquinas para manter a presión de auga nas tubaxes que chegan aos usuarios.


O proxecto está financiado pola propia UTE Xestión Cangas e incluído no plan plurianual de investimentos establecido no contrato concesional.

Na imaxe, plano da parroquia de O Hío (Cangas).

Novas relacioadas