Pesar polo pasamento do alcalde Xosé Manuel Pazos

26.01.2021. A UTE Gestión Cangas e todos e cada un dos seus traballadores unímonos ao pesar polo finamento do alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos. Sentimos fondamente a perda dun incansable servidor público.

Pazos, ademais de alcalde era un traballador máis para e por o municipio, cunha grande capacidade de diálogo e sempre comprometido cos veciños e veciñas do Morrazo. Deixa unha fonda pegada no recordo de todos aqueles que tivemos a honra de coñecelo e traballar ao seu carón, no noso caso, xestionando a prestación dos servizos municipais de abastecemento e saneamento de auga.

Xosé Manuel Pazos chegou a alcaldía de Cangas en xuño de 2015, logo de ocupar varios cargos políticos no municipio dende 1995. Foi concelleiro de Cultura e Ensino na vila e deputado autonómico. Tamén estivo fortemente vencellado ao mundo da cultura e, especialmente, do teatro, como actor, director, autor e tradutor teatral, ademáis de estar comprometido co benestar dos cidadáns e desenvolmento de medidas para a mellora de todo o Concello de Cangas.

O equipo de profesionais que traballamos na UTE Gestión Cangas trasladamos as nosas condolencias e o noso pesar logo de coñecer tan triste noticia.

Novas relacioadas