Proxecto para o saneamento integral de A Barreira en Liméns

27.02.2025. A UTE Xestión Cangas presentou o 17 de xaneiro o anteproxecto para a instalación dunha rede de saneamento na zona de A Barreira, en Liméns.

As obras levaranse a cabo na área situada preto da praia de Liméns, onde existen vivendas que non están conectadas aos colectores de saneamento. O Concello de Cangas e a UTE Xestión Cangas deberán obter previamente os permisos dos propietarios de varias parcelas para poder proceder á realización das obras de instalación do saneamento.

O anteproxecto inclúe a colocación de 325 metros de colectores e 6 pozos de rexistro nos cambios de dirección e nos desniveis do trazado.

As obras serán financiadas con cargo á UTE Xestión Cangas, ao incluírse no plan municipal de investimentos do ciclo da auga. O anteproxecto prevé un investimento de 81.000 euros para o saneamento da zona de A Barreira

Novas relacioadas