Restablecido o abastecemento no Hío e Aldán dende esta tarde

22.11.2023. Concluíu ás 16.30 horas a reparación da liña xeral de abastecemento de Cangas que percorre o Camiño Vello de San Roque, co que queda restablecido o servizo de auga para as parroquias de Aldán e O Hío e os lugares de San Roque e Liméns. A subministración quedou interrumpida este mediodía debido á rotura da tubería, cando se iniciou a reparación que en principio estaba prevista para as 22.00 horas desta noite.

UTE Gestión Cangas agradece aos seus equipos a intensidade do traballo realizado e lamenta as molestias ocasionadas aos usuarios afectados de Cangas do Morrazo.

Intensidade de reparacións

Os últimos dous meses están a ser de intenso traballo para os equipos profesionais da UTE Gestión Cangas a causa da forte acumulación e intensidade das chuvias. Segundo os datos da Aemet (Axencia Estatal de Metereoloxía), as catro últimas semanas teñen sido as de maior pluviometría en 36 anos no municipio. As brigadas de traballo veñen atendendo incidencias diarias nas redes de saneamento e abastecemento. As emerxencias por pluviosidade veñen sendo especialmente complexas na rede de saneamento, ao converxer en moitas zonas as augas do saneamento coas do alcantarillado de augas pluviais.

 UTE Gestión Cangas ofrece dende 2014 os seus servizos integrais do ciclo da auga a 15.568 empresas e familias  do municipio de O  Morrazo.

 [Na imaxe, un operario da compañía una vez rematada a reparación. FOTO: Punto GA /M. Riopa]

Novas relacioadas