Un servizo óptimo: 552 horas de limpeza para previr incidentes

Ofrecer un servizo óptimo á súa clientela é a prioridade da UTE Gestión Cangas e, para que iso ocorra, a concesionaria ten que lidiar a diario con varios factores. Algúns deles, de tipo natural, non se poden prever, pero hai incidencias que é posible evitar a base de mantemento. Por isto é tan importante o mantemento preventivo. A entidade pon especial interese no mantemento preventivo das redes de saneamento de Cangas, que son unha peza fundamental para o correcto funcionamento de todo o sistema que forma o ciclo da auga.

Unha das tarefas máis importantes que a UTE Gestión Cangas desenvolve de xeito semanal é a limpeza con camión hidrolimpador en colectores e nas estacións de bombeo de augas residuais, co fin de anticiparse aos posibles atoramentos ou acumulacións de sólidos e areas no fondo dos pozos de bombeo. Estas limpezas preventivas minimizan as dificultadas de evacuación, polo que os casos de atascos con consecuencias para a clientela de saneamento son anecdóticos. En 2017 realizáronse un total de 522 horas de limpeza con camión nos distintos elementos das redes de saneamento, como pozos de bombeo, liñas secundarias ou acometidas, entre outros.

O constante mantemento mecánico e eléctrico das estacións de bombeo de augas residuais é outra das pezas imprescindibles para asegurar a calidade do servizo. A grande cantidade de concas existentes no concello fai indispensable a utilización de estacións de bombeo de augas residuais para transportalas á depuradora, situada en Areamilla. Co obxectivo de anticiparse aos frecuentes problemas que adoitan presentar estes bombeos e que, polo xeral, son urxentes, dado que a maior parte deles sitúanse preto dos areais de Cangas, a concesionaria revisa de xeito periódico a totalidade das instalacións, situadas en lugares como Areabrava, Nerga, Massó ou Reboredo. Ademais dos traballos preventivos realizados nas estacións de bombeo de Cangas, en 2017 tiveron lugar 119 intervencións de importancia nos bombeos de saneamento.

Novas relacioadas