
27.11.2020 UTE Gestión Cangas amplía o abastecemento de Cangas ata o barrio de A Rosada. As obras contan cun orzamento de 109.000 euros e suporán a instalación de 830 metros de tubería que se conectará coa rede existente. O proxecto, proposto para a súa aprobación hoxe en pleno municipal xunto coa reforma do saneamento e abastecemento da Avenida Espírito Santo, forma parte dos 638.000 euros destinados á mellora e modernización do ciclo da auga de Cangas en 2020, un total do 19% do investimento comprometido para realizar as actuacións prioritarias do municipio. A segunda fase da ampliación do abastecemento, que afectará á zona da Rosada-Muíño de Fausto, e a reforma do saneamento da ría de Aldán, son as seguintes obras proxectadas.
O pasado mes de marzo concluiron os traballos de instalación de novas acometidas, sustitución das tuberías de saneamento e deseño dun novo sistema de recollida de pluviais na rúa Poio. Xunto ás obras que se están levando a cabo para a modernización da estación depuradora de augas residuais (EDAR) e a mellora do sanemento de Donón, ascenden a seis os proxectos implementados neste ano 2020 pertencentes ás 37 medidas impulsadas dende a xestora para optimizar o ciclo da auga.
A renovación do abastecemento, saneamento e o sistema de recollida de pluviais na Avenida Espíritu Santo (208.000 €) consistirá en subtituir as canalizacións de saneamento actuais, que contan con fugas e filtracións que afectan ao pavimento do vial, xunto coa de todas as canalizacións da zona por tuberías novas de 660 metros de lonxitude as correspondentes arquetas e válvulas de illamento. Tanto a reforma do abastecemento de A Rosada e o saneamento da avenida Espíritu Santo contan cun prazo de execución de dous meses dende a súa aprobación, e teñen previsto comezar inmediatamente despois de ser aprobadas no pleno municipal.
A reforma do saneamento da ría del Aldán e Rosada- Muíño de Fausto, próximas obras
O segundo proxecto para completar o abastecemento na zona, denominado Rosada- Muíño de Fausto, consiste na instalación dunha canle de abastecemento de 810 metros que conecte coa rede actual para conectar os fogares de ambos lados do vial. Esta ampliación, que se atopa en exposición pública ata o vindeiro 27 de novembro, executarase novamente en dous meses dende a súa aprobación en pleno municipal e engade 104.500 € ao investimento realizado por UTE Gestión Cangas en dotar de auga aos veciños de A Rosada.
O novo deseño do saneamento da ría de Aldán, presupostado en 1,5 millóns de euros, tamén se atopa agardando luz verde. As obras están destinadas a reducir os alivios e mellorar a calidade medioambiental da ría de Aldán sen sobrecargar a EDAR de Cangas. Mediante a instalación de sistemas de separativo de pluviais e a reforma dos bombeos e as tuberías existentes evitaranse as infiltracións das augas subterráneas nos pozos de bombeo de Vilariño, Liméns, Vilanova e O Hío, principal causa do colapso do sistema de saneamento.