UTE Gestión Cangas pecha 2020 con 937 contadores renovados

20.01.2020. UTE Gestión Cangas pecha o ano 2020 con 937 contadores renovados, cumprindo o seu obxectivo de substituír 900 dispositivos cunha antigüidade superior a dez anos.

A UTE Gestión Cangas pechou 2019 coa renovación de 771 contadores, subtituíndo 11 contadores que se atopaban inactivos. No 2020, substituíronse 166 máis que o ano pasado, o 8,5% do total do servizo. Actualmente, o 15,5% dos dispositivos teñen una antigüidade menor de dous anos, para garantir a súa fiabilidade á hora de medir o consumo.

A UTE Gestión Cangas traballa con contadores de alta calidade, verificados a nivel europeo. Ademais, a xestora das augas de Cangas realiza unha valoración propia destes aparellos, que lle permite asegurar a súa calidade de primeira man.

A campaña de renovación continuará durante o ano 2021, co obxectivo de obter un parque de contadores que non supere os 8 anos de antigüidade.

Novas relacioadas