UTE Gestión Cangas recolle propostas para mellorar o ciclo da auga

UTE Gestión Cangas abre unha nova canle online de comunicación co obxectivo de recoller as propostas da cidadanía para a mellora da rede do suministro. A xestora do ciclo integral da auga en Cangas lanza esta iniciativa para facer partícipes aos 13.531 fogares e empresas que forman parte da rede de augas dos proxectos de mellora no municipio.

A través dun formulario aberto a toda a veciñanza,  poderán deixar o a súa proposta. UTE Gestión Cangas comprométese con esta acción a seguir mellorando días tras día no servizo prestado, recollendo as demandas de todos aqueles que desexen participar e intentando xestionalas coa maior brevidade posible. Esta iniciativa porase en marcha dende hoxe mesmo, coincidindo coa época do nadal.

UTE Gestión Cangas traballa día a día en harmonía co medio ambiente para que Cangas goce dun servizo moderno e eficaz. Con esta iniciativa vai un paso máis alá, poñendo aos usuarios e usuarias por diante, e convertíndoos nos protagonistas das melloras da rede de suministro que se acometerán no vindeiro 2020.

Novas relacioadas