04.03.2021. UTE Gestión Cangas finaliza a instalación do novo sistema de saneamento no lugar de Donón, pertencente ás 37 medidas de mellora propostas con cargo ao seu plan de investimentos de 3,4 millóns de euros, asinado en 2014. Tras rematar esta semana a instalación do novo pozo de bombeo na saída da depuradora de Donón, o novo sistema xa está operativo. Profesionais de UTE Gestión Cangas realizaron con éxito as probas de carga na tubería de impulsión de 910 metros que conecta a fosa de Donón ata a rede municipal de saneamento en Viñó, que trasladará as augas ata a depuradora de Areamilla para o seu tratamento. A reforma supón o investimento de 104.391 € co obxectivo de reconducir o efluente da fosa de Donón ata a rede municipal de saneamento, eliminando posibles puntos de verquido da conca orientada á Ría de Vigo.
Nas vindeiras semanas, UTE Gestión Cangas continuará desenvolvendo o seu plan de melloras na rede de auga de Cangas e investirá 1,8 millóns de euros nos sistemas de saneamento e abastecemento da subconca de Aldán e a avenida Espíritu Santo, ademáis de dotar de abastecemento ao barrio da Rosada. A compañía prosegue o seu cometido de optimizar o ciclo da auga de Cangas coa entrega de tres novos anteproxectos: un segundo paquete de melloras no tratamento primario da auga na EDAR de Areamilla, a través da contrucción dun novo pozo de grosos e melloras no sistema de retirada de fangos, a reparación de outros 20 bombeos na zona de Aldán e o desenvolvemento dun plan de investimento adicado á mellora da sectorización, un medio para a busca e eliminación de fugas na rede de augas municipal.
A xestora da auga segue realizando as obras de renovación dos equipos de filtración e desinfección que neutralizan os organismos patóxenos das augas na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Areamilla, iniciada o pasado mes de novembro. A substitución e actualización das lámpadas ultravioletas da depuradora de Areamilla inclúe tamén a modificación dos equipos de filtración mediante discos recubertos de textil para reter partículas máis pequenas.
Aldán, A Rosada e Espíritu Santo, seguintes obras proxectadas
UTE Gestión Cangas agarda iniciar a reforma integral do saneamento da ría de Aldán nas vindeiras semanas. As actuacións nos bombeos e tuberías da subconca do Hío para evitar o exceso de caudal foron aprobadas no pleno municipal do pasado mes de decembro. Cun orzamento de 1,5 millóns de euros, a maior inversión realizada ata o momento por parte da xestora da auga, as actuacións centraranse en reparar os sistemas de bombeo para evitar sobrecargar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cangas por medio da instalación de novas redes de recollida de auga pluvial, causa dos alivios existentes na Ría de Aldán.
A reforma do saneamento e abastecemento da Avenida Espírito Santo e a ampliación da continuidade do primeiro tramo de abastecemento ata o barrio da Rosada e a son os seguintes proxectos que se van iniciar neste comezo de 2021.
A renovación do abastecemento, saneamento e o sistema de recollida de pluviais na Avenida Espíritu Santo (208.000 euros), consistirá na renovación das canalizacións de saneamento e abastecemento actuais xunto coa de todas as canalizacións da zona por tuberías novas de 660 metros de lonxitude.
As obras no barrio de A Rosada se realizarán en dúas fases: unha primeira instalación de 830 metros de tubería que se conectará coa rede existente (109.000 euros) e unha segunda intervención na zona do Muíño de Fausto (104.500 euros) para colocar unha canle de abastecemento de 810 metros que conecte coa rede actual. A segunda ampliación agarda a súa aprobación no vindeiro pleno municipal.