UTE Gestión Cangas remata as obras de saneamento na rúa Poio

18.05.2020. UTE Gestión Cangas remata as obras de reforma do saneamento, abastecemento e recollida de augas pluviais ao longo da rúa Poio. Os traballos forman parte do plan de investimentos da compañía, presupostado en 3,4 millóns de euros, e consisten na instalación de novas acometidas, a sustitución das tuberías actuais de saneamento e o deseño dun novo sistema de recollida de pluviais para mellorar a xestión da auga na rúa, que acompaña á actualización integral que está a levar a cabo o Concello de Cangas na zona. No mes de maio reincorporáronse a actividade de rúa o 75% dos profesionais da xestora de augas, seguindo o protocolo ante a Covid-19.

A xestora do ciclo da auga tamén está a efectuar traballos de sustitución de tuberías na contigua Rúa Ensinanza, onde as actuacións municipais nas beirarrúas deixou ao descuberto a necesidade de actualizalas. Os traballos de renovación da rúa, que deron comezo no mes de maio, finalizarán a finais de mes coa colocación do novo firme.

Os 30.000 € destinados á reforma das rúas Poio e Ensinanza engádense aos 300.000 euros necesarios para acometer as obras da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Areamillla, aos 1,8 millóns de euros adicados á reforma integral do saneamento da ría de Aldán e aos 87.7000 euros destinados á mellora do saneamento de Donón, representando un 65% do total do plan de investimentos. UTE Gestión Cangas con esta nova actuación, suma un total de 36 medidas de inversión e modernización presentadas dende a adxudicación do servizo en 2014, das que só un 17% foron aprobadas para a súa execución pola xestora.

A campaña de limpeza do alcantarillado chega ao seu fin

Nas últimas semanas, a UTE Gestión Cangas desenvolveu unha campaña de limpeza do alcantarillado do Concello de Cangas para asegurar o seu óptimo funcionamento tras este longo periodo de inactividade debido ao peche de comercios e establecementos tras o decreto do estado de alarma. A iniciativa súmase as tarefas habituais de limpeza e mantemento que se realizan diariamente. Un camión de limpeza está adicado a este cometido, con especial atención ao mantemento dos colectores xerais que se sitúan preto da costa e aos bombeos de saneamento en zonas de especial afluencia de persoas. Os traballos, que se viñan realizando dende comezos de maio, chegaron ao seu fin o pasado venres día 15.

Tras 64 días dende a activación do estado de alarma, a xestora da auga mantén o normal suministro na totalidade do municipio de Cangas grazas ao traballo dos equipos de garda e retén para tarefas urxentes de reparación de incidencias e o traballo telemático de todos os seus profesionais. O 75% dos traballadores de UTE Gestión Cangas xa están traballando activamente nas rúas, contando co 25% restante do cadro de persoal de garda para atender as posibles avarías na redes de abastecemento e saneamento, que a concesionaria prevé que aumenten en número a medida que os negocios da zona volvan a abrir ao público.

UTE Gestión Cangas reforza as medidas de hixiene persoal para garantir o desenvolvemento seguro das súas tarefas e realiza unha limpeza máis exhaustiva dos centros de traballo, instalacións, vehículos, equipos e ferramentas manuais para levar a cabo os servizos de mantemento fundamentais con seguridade e responsabilidade, minimizando o risco de accidentes e posibles contaxios da COVID-19.

Novas relacioadas