16.03.2020. UTE Gestión Cangas conta cun plan de continxencia en marcha dende o pasado sábado contra o COVID-19, que contén as medidas precisas para garantir o suministro de agua na totalidade do municipio de Cangas e asegurar que as súas actividades de mantemento e control non se vexan comprometidas. Equipos de traballo de UTE Gestión Cangas adoptarán todas as medidas preventivas e de hixiene correspondentes nas instalacións clave que requiren de presenza física, priorizando tarefas urxentes de reparación e resolución e incidencias, para seguir asegurando a calidade e seguridade da auga potable nesta situación extraordinaria. Xunto ao traballo telemático de todos os profesionais que manteñen o ciclo integral da auga, a xestora comprométese a seguir proporcionando o normal suministro de auga aos fogares e empresas de Cangas.
Ante o peche provisional das oficinas de atención ao público, a empresa continuará prestando atención aos seus clientes a través da páxina web www.utegestioncangas.com ou no Centro de Atención ao Cliente no teléfono 900 810 811.
Día a día, o servizo da auga estará atendido presencialmente por traballadores de garda e retén, que centrarán a súa actividade en controlar o nivel de reactivos da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) ao máximo e realizar tarefas urxentes de reparación nas redes de abastecemento e saneamento.
UTE Gestión Cangas reforzará as medidas de hixiene persoal para garantir o desenvolvemento seguro das súas tarefas e realizará unha limpeza máis frecuente e exhaustiva dos centros de traballo, instalacións, vehículos, equipos e ferramentas manuais para levar a cabo os servicios de mantemento fundamentais con seguridade e responsabilidade, minimizando o risco de accidentes e posibles contaxios do COVID-19.
Ante as medidas de hixiene implantadas para previr o contaxio do COVID-19, entre as que se atopan o lavado frecuente e exhaustivo de mans, UTE Gestión Cangas apela a un consumo responsable da auga nos fogares.
UTE Gestión Cangas está integrada polas compañías Civis Global e Aqualia, cunha plantilla fixa de 13 persoas e unha media anual de 30 empregos indirectos na vila. A empresa presta os servizos do ciclo da auga dende 2014 a 13.568 familias e empresas do municipio.