UTE Gestión Cangas propón mellorar o saneamento de Donón

14.01.2020. A UTE Gestión Cangas presenta o anteproxecto para conectar a fosa de Donón, ampliando o trazado mediante un bombeo ata a rede municipal de saneamento en Viñó para mellorar a calidade da auga. Con esta actuación, poñerase fin á problemática da superación da capacidade do sistema actual, que estaba a provocar perdas de caudal, debido ao seu aumento considerable nos últimos anos de vivendas e negocios da zona.

O proxecto supón un investimento por parte da empresa xestora da auga de Cangas de 87.700 euros e debe ser previamente aprobado polo pleno municipal do Concello de Cangas. A proposta súmase ás outras 32 iniciativas presentadas no plan de investimentos da UTE Gestión Cangas para optimizar a rede de saneamento en Cangas.

Os traballos consisten  na conexión da fosa de Donón coa rede de saneamento existente a través dunha tubería de impulsión e un bombeo para que as augas poidan ser tratadas na depuradora de Areamilla.  A tubería percorerá os 800 metros que separan a fosa ata o punto máis próximo do pozo de bombeo de Viñó, de onde chegarán mediante un colector por gravidade. O bombeo disporá dun cadro eléctrico de telecontrol e maniobra para o seu óptimo funcionamento e mantemento. As augas acabarán chegando dende Viñó  ata a depuradora de Areamilla.

 

Novas relacioadas