“O saneamento en Cangas medra cada ano”

30.01.2020. Lourdes Cortegoso Fernández leva 23 anos prestando atención aos clientes da auga no Concello de Cangas.  Lourdes é a cara recoñecible de UTE Gestión Cangas ao longo de estes anos, á que se uníu dende 2015 a de Miriam Álvarez, nova administrativa do servicio. Responsable de atender ás necesidades da veciñanza, é testemuña dos cambios que van sucedendo no Concello dende hai máis de dúas décadas “O saneamento en Cangas medra cada ano. En 1997 había moitas zonas onde non chegaba o saneamento: Vilanova, Vilariño, Aldán… Cando comecei a traballar xestionaba 9.000 expedientes e hoxe temos preto de 14.000 usuarios da rede da auga. E seguen a medrar cada ano”, explica.

O saneamento cangués segue ampliándose a día de hoxe: hai obras proxectadas no barrio de Rabáns e na zona sur de Vilanova. Un aumento do 50% de usuarios nótase no día a día, a pesar de que as visitas á oficina eran máis frecuentes hai uns anos. Os novos avances tecnolóxicos, e a chegada de internet, facilitan moito a labor de Lourdes, que adica gran parte da súa xornada á atención ao cliente: xestiona altas, baixas, facturación e pago de recibos non domiciliados, reclamacións e calquera consulta que poida ter a veciñanza. “Esta é unha oficina con moita vida. Hai moita xente que se achega pola atención persoal, porque con todas as ferramentas e facilidades que existen hoxe en día, non teñen por que facelo”, comenta.

Con facilidades refírese en primeiro lugar ao pago por domiciliación bancaria, que xa é unha condición indispensable para tramitar unha nova alta, e a implementación máis recente da factura electrónica. “Aínda ten que calar máis na cotidianidade dos usuarios. A xente moza, cando veñen a facer o contrato, xa a solicitan directamente. Cando avanzamos en idade, dámonos de conta que moitas das persoas nin sequera posúen unha conta de correo electrónico”, apunta.

Acostumada a traballar cara o público, o trato directo e a atención cos clientes é o que máis lle gusta. Explicar máis polo miúdo o funcionamento do ciclo integral da auga no Concello e facer entender moitas cousas que non coñecían do traballo que desempeña UTE Gestión Cangas para que a auga chegue á billa de cada un, é algo que ademáis de necesario, considera que é o motivo da baixa taxa de reclamacións. “A maioría das persoas que se achegan coa intención de poñer unha reclamación por consumo, non chegan a facelo. Un operario examina in situ so cliente se as lecturas son correctas e soe darse conta inmediatamente de a que se debe, sexa unha pequena fuga ou un problema maior”, conta.

De feito, abrir a billa é o máis fácil. Para que a auga chegue ás viviendas, un equipo de 13 persoas traballa a diario dende hai máis dunha década dentro e fóra da oficina: detrás dunha solicitude de acometida hai un proceso de xestión, medición, solicitude de material de obra… un proceso complexo que resólvese nun mes aproximadamente.

O bo de contar cun equipo cohesionado e pertencente ao Concello de Cangas, sinala Lourdes, é que coñecen á perfección tanto as necesidades de cada parroquia, coma de cada veciño. “Miras entrar á xente e xa sabes cal é o seu problema. Teño atendido xente pola rúa incluso no meu tempo de ocio.” Comenta Cortegoso.

Polo momento, isto non le afecta para seguir coordinando toda a actividade da oficina no centro de Cangas, como ven facendo nestes 23 anos e moitos máis que ten por diante.

 

Novas relacioadas