
21.02.2020. UTE Gestión Cangas investirá 1,8 millóns de euros no saneamento da ría de Aldán. As actuacións principais están diseñadas para mellorar a calidade medioambiental da subconca do Hío na ría de Aldán sen sobrecargar a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cangas. Os traballos perseguen a eliminación das augas pluviais e de infiltración na rede de saneamento, principal causa do exceso de caudal que provocan os alivios á ría de Aldán. As actuacións centraranse nas zonas de Vilariño, Liméns, Vilanova e O Hío. Mediante a instalación de sistemas de separativo de pluvais e a reforma dos bombeos e as tuberías da zona tratarase de minimizar ao máximo as infiltracións das augas subterráneas nos pozos de bombeo.
No lugar de O Hío crearase unha rede primaria de recollida de pluviais que discorrerá pola Baixada ao Rapallo, rúa do Viñal e a rúa Baixa a Riosteiro. A execución dun colector para fecais que se conectará á rede de pluviais existente na rúa David Cal e un novo colector na rúa Viñal e baixada a Rioesteiro renovarán por completo o saneamento actual. A mellora no sistema de bombeos comeza pola construcción dun novo pozo de bombeo que sustituirá o existente e instalación dun sistema de telecontrol na Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) de Vilanova. Continúa na EBAR de Vilariño, onde se renovará o actual tramo de impulsión, instalarase un areeiro para facilitar a súa limpeza, reemplazando bombas e calderería. A optimización do funcionamento da EBAR de Liméns é a última peza desta renovación integral. A instalación dun novo areeiro acompañará á ampliación do tramo de impulsión ata acadar os 700 metros ata chegar á EBAR de Santa Marta. Un novo colector de 150 metros de saneamento por gravidade e a renovación das bombas completan as reformas neste punto.
Esta nova concepción integral das actuacións na Ría de Aldán aporta unha solución á problemática da insuficiencia do sistema de bombeos para asumir o caudal en época de moita choiva. O anteproxecto atópase en fase de exposición pública ata o vindeiro 17 de marzo, tras ser presentado polo concelleiro de medio ambiente, Hugo Fandiño, á veciñanza de Aldán.
As obras suporán unha inversión de 1.808.324 € e están suxeitas ao plan de investimentos da compañía, presupostado en 3,4 millóns de euros. Engádense aos 300.000 euros da renovación dos equipos de filtración e desinfección da depuradora de Areamilla e aos 87.700 euros precisos para conectar a fosa de Donón coa rede de saneamento existente a través dunha tubería de impulsión, que percorerá os 800 metros que a separan do punto máis próximo do pozo de bombeo de Viñó, supoñendo un 65% do plan de investimentos totais.